Convocante
Concello de LugoPublicación
Boletín Oficial de Lugo
Obxecto
O obxecto desta convocatoria é a concesión de axudas económicas a clubs e entidades deportivas e demais asociacións sen ánimo de lucro co fin de fomentar a práctica deportiva no termo municipal, durante o ano 2016.
Beneficiarios
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todos os clubs, asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídos e domiciliados no concello de Lugo.
- Os clubs, asociacións ou entidades sen ánimo de lucro deberán estar inscritos no Rexistro municipal de asociacións.
- Estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Concello de Lugo, respectivamente.