Convocante

Instituto Galego de Promoción Económica

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

As presentes bases teñen por finalidade o fomento da competitividade, a innovación e a cooperación empresarial en distintos sectores da actividade económica en Galicia mediante a concesión de axudas ás entidades xurídicas xestoras de agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras galegas consolidadas para a realización de actividades neses eidos.

Beneficiarios

As axudas establecidas nestas bases destínanse ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras que cumpran todas estas condicións:

  1. Que colaboren e desenvolvan proxectos en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e que un mínimo dun 50 % dos seus asociados empresariais dispoñan dun centro de traballo en Galicia.
  2. Que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster cunha antigüidade mínima de tres anos.
  3. Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 54 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.
Voltar