Convocante

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

  • Programa I. O obxecto deste programa é subvencionar os custos salariais e de seguridade social a cargo da empresa derivados da contratación indefinida das persoas traballadoras das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE, previstas no artigo 43 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, como instrumentos de modernización destes servizos de axuste.
  • Programa II. O obxecto deste programa é incentivar a creación de postos de traballo estables e financiar as adaptacións dos postos de traballo que precisen os CEE no seu proceso de creación ou de mellora e diversificación produtiva.
  • Programa III. O obxecto deste programa é axudar os CEE para financiar o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas en centros de traballo do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Programa IV. Este programa ten por obxecto subvencionarlles parcialmente ás empresas de inserción os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social incluídas no artigo 60 desta orde.
  • Programa V. Este programa ten por obxecto compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social.

Beneficiarios

  • Programas I, II e III. Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren rexistrados como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.
  • Programas IV e V. As entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción rexistradas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.

Observacións

O prazo de presentación de solicitudes para os programas I, II e III, será dun mes, contado desde o oitavo día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes para os programas IV e V será desde o oitavo día hábil ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de setembro de 2025.

Voltar