Convocante

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

O Obxecto destas axudas e a de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de EIL de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

A través deste programa se lles subvenciona parcialmente ás empresas de inserción laboral os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social que teñan contratacións mínimas de 6 meses

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas  as empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que
cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Tamén poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como EIL.

Voltar