Convocante
Instituto Galego de Promoción EconómicaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto apoiar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento do contorno das empresas e dos consumidores, e a modernización e o desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas, que adopten a forma xurídica de sociedade limitada ou sociedade anónima e se constitúan especificamente para a explotación da infraestrutura proposta, sen posibilidade de executar actividades non relacionadas con ela.