Convocante
Deputación de LugoPublicación
Boletín Oficial de Lugo
Obxecto
Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións, para a realización de actividades culturais na anualidade de 2017, cuxo obxecto social sexa a promoción cultural, e cuxos fins redunden na:
- Dinamización socio-cultural e cultural en todas as súas vertentes.
- No beneficio das correspondentes colectividades e do interese xeral, potenciando a historia, a música, as tradicións de Galiza, o uso do idioma galego en todas as actividades que se leven a cabo.
- Actividades de potenciación do patrimonio material e inmaterial do país.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións as entidades culturais ou asociacións legalmente constituídas da provincia de Lugo, que carezan de finalidade de lucro, que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da provincia, que os beneficiarios formen parte do conxunto demográfico lucense e sempre que as accións que desenvolvan cumpran o obxecto íntegro destas bases.