Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto convocar, 400 bolsas de práctica laboral destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española ou dun dos países membros da Unión Europea.
  • Estar en posesión do título esixido para cada unha das bolsas convocadas  na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  • Ter finalizados os estudos obxecto da bolsa con posterioridade ó 1 de xaneiro do 2005.
  • Non ter ningunha enfermidade nin incapacidade física, psíquica ou sensorial que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  • Non beneficiarse na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorre desde a data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) ata o día en que teña lugar a adxudicación das bolsas.
  • Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa de duración superior a seis meses dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia.
  • Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración superior a seis meses na institución provincial nin nos organismos autónomos.
  • Constar no padrón de calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2016 ou acreditar unha antigüidade no padrón dun mínimo de cinco anos.
  • Constar no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego.
  • Non ter experiencia laboral previa superior a 6 meses na profesión ou área de coñecementos, entendendo por isto non ter anteriormente un contrato polos grupos de cotización correspondentes aos niveis formativos da titulación esixida nin de alta como autónomo por un período de tempo de duración superior a seis meses en actividades relacionadas co obxecto da bolsa.
  • Acreditar o nivel Celga IV (para as bolsas de titulacións universitarias) e o Celga III (para as bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional).
  • Ter a disposición de asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino.
Voltar