Convocante
Concello de OurensePublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
Constitúe o obxecto desta convocatoria regular a concesión de subvencións en especie ás asociacións de veciños e federacións ou agrupacións de asociacións de veciños, consistente, na disposición de locais veciñais en réxime de alugueiro, xunto cos seus gastos racionalizados de luz e auga, no seu ámbito xeográfico para o desenvolvemento das súas actividades.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións veciñais e federacións ou agrupacións de asociacións de veciños.