No ano 2005 Steve Jobs dirixiuse aos recentemente graduados da Universidade de Stanford nun discurso que tivo unha gran difusión. Para alentar a súa saída ao mundo profesional, e desde a súa experiencia vital, contoulles emocionado tres historias: unha historia de “conectar os puntos”; unha historia de amor e perda; e unha historia de morte.

 

Neste discurso, Jobs interpreta que sucedeu na súa vida, e manifesta que “ás veces a vida pégache na cabeza cun ladrillo”: foi dado en adopción pola súa nai, unha muller nova, estudante e solteira; foi rexeitado por unha primeira familia adoptante por ser neno e non nena; deixou a universidade aos 6 meses de ingresar, gastando boa parte do diñeiro da súa humilde familia adoptiva; foi expulsado con só 30 anos de Apple, a empresa que fundou… e identifica aquilo que lle sostivo e salvou: amar o que facía, ser fiel a súa paixón.

Desde onde dicía o que dicía?

Nese momento de 2005, Jobs fora diagnosticado de cancro de páncreas e operado. Tivera a ocasión, moi apresurada, de reflexionar que é o importante na vida. Aprendera que a morte deixa paso ao novo, que é un axente de cambio na vida, na súa vida. Sentira a súa nudez ante o limiar da morte. Iso permitiulle identificar que é o realmente importante.

Moitas persoas, en tempos da COVID-19, estamos a vivir, sentindo, algo similar.

Que faría Jobs en tempos da COVID-19?

No ámbito do management, do liderado de organizacións, Jobs converteuse nun referente indiscutible. Tamén discutido, hai que dicilo.

Vivimos tempos onde a morte morde preto, de forma imprevista e até inconcibible para nós. Afixerámonos, e queremos regresar, a unha “pseudoseguridade” irreal que non é a vivencia da maior parte do Planeta. Si, do Planeta, non só da maior parte da Humanidade. Todo o Planeta, e a Humanidade, por descontado, é e séntese vulnerable. É e séntese interdependente.

Fan falta liderados novos, que como Jobs, amen o que fan. Que atopen a satisfacción dunha vida ben vivida amando o que fan. Un liderado transformador.

No noso ámbito, para nós mesmos, para os equipos nos que participamos, para as organizacións das que formamos parte, podemos, debemos, exercer o liderado. O futuro non é o que vai pasar, é o que imos facer.

 

 

Como entendemos en VIRADA o liderado?

Pois así, tal como o presente Juan Félix García, Juanfe, da Mondragon Unibertsitatea, e colaborador de VIRADA Profundización.

 

Boa reflexión, e boa sorte!

Se te animas a compartir a túa reflexión farás un agasallo para as persoas que visitan a web de ALGALIA. Escoitámosche de forma sublime. Anímate a comentar!

Equipo VIRADA. Ander, Itzi, Celso, Begoña e David.

Voltar

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.