Pasóusenos comentar isto!! As Sociedades Mercantís tamén teñen una “X” para financiar actividades de interese xeral.

As sociedades poden aportar o 0,7% da súa cota íntegra do imposto sobre sociedades a actividades de interese xeral do mesmo xeito que teñen as persoas físicas na súa declaración do IRPF, o que ven sendo coñecido coa famosa “X”.

Na lei de orzamentos de 2018 (Lei 6/2018 de 3 de xullo de 2018) equiparouse esta posibilidade porque o Estado comprometeuse a destinar a subvencionar actividades de interese xeral consideradas de interese social, na forma que regulamentariamente se estableza, o 0,7 por cento da cota íntegra do Imposto sobre Sociedades correspondente aos contribuíntes cuxo período impositivo tivese finalizado a partir da entrada en vigor desta Lei, que manifesten expresamente a súa vontade en tal sentido.

Isto significa que, para aquelas empresas que funcionen co ano natural, o seu primeiro imposto no que poden marcar a súa nova “X” será o de 2018 que se liquidará no vindeiro mes de xullo deste ano. Atentos en Apple!!

Co conxunto da liquidación definitiva da asignación correspondente ao exercicio de 2018 levarase a cabo antes do 30 de abril de 2020, efectuándose unha liquidación provisional o 30 de setembro de 2019 que posibilite a iniciación anticipada do procedemento para a concesión das subvencións.

As contías destinadas a estas subvencións –que en todo caso destinaranse a financiar proxectos de entidades de ámbito estatal–, xestionaranse e outorgaranse de acordo co procedemento que regulamentariamente se estableza.

Atentos tamén as diferentes plataformas que piden que se marque o “X”: inclúan tamén as empresas que aínda tributando menos que as persoas físicas.

Aínda poden poñer un pouquiño sen ver afectada a súa tributación final, tal e como nos pasa ás persoas físicas cando riscamos á nosa “X”.

Jorge Rodríguez Malingre
Responsable de  Asesoría de Algalia Servizos para a Economía Social

Voltar