As organizacións non existen é unha frase da autoría de Henry Mintzberg, profesor da Cátedra Cleghorn de Estudos de Xestión da Universidade McGill en Canadá, onde imparte clases desde 1968. Para Henry, as organizacións son un conxunto de relacións que se xeran entre persoas que, polo feito de ser persoas, son imperfectas e cunha necesidade constante de adaptación.

Tendo como feito que as organizacións son relacións entre persoas con persoas, e que a fala é a invención clave e máis distintiva do ser humano (Ernst Mayr) é, sen dúbida, no que posiblemente investimos máis enerxía no día a día nas nosas organizacións e menos atención prestamos.

Somos presos e defensores acérrimos dos sistemas, e adoitamos ter a convicción de que contar cos mellores sistemas nos proporcionará os mellores resultados, polo que investimos tempo e recursos en deseñar e implantar ferramentas acordes ao que a organización precise. Non quero dicir que dispor de ferramentas que nos orienten e faciliten o traballo e o funcionamento dunha organización non sexa importante, pero quizais non sexa a única clave.

Dedica 2 minutos e reflexiona sobre como te comunicas cos demais na túa organización? Como escoitas á xente? Cres que sempre entendes o que che queren transmitir? Os teus xuízos te limitan ou danche posibilidades? Como te coordinas para levar a cabo tarefas? Como funcionades nos equipos nos que participas?

Somos persoas que traballamos coas persoas e para as persoas, polo tanto, tomar conciencia de como nos relacionamos e nos comunicamos é o primeiro paso para posteriormente formalas para camiñar cara a un lugar mellor.

Dende este punto de vista, creo que un programa como Virada pode axudarche a conseguir unha transformación persoal que contribúa significativamente ao progreso organizativo da túa entidade. A experiencia apóianos, e asegurámosche que a túa visita a VIRADA non te deixará indiferente.

 

 Miguel Barbosa, responsable de Consultoría de Algalia e coach en VIRADA

 

Voltar