Arnoia non é Lourdes, xa que Ourense non é Pau, o galego non é o francés, o Ribeiro non é o Jurançon, nin pequenos pero significativos cambios nunha boa dirección non son milagres.
Ser o que se quere ser, esixe determinación e disciplina. En VIRADA, despois de tres edicións, coñecemos os froitos da aprendizaxe.
Cando abro unha conversación para comentar por que creo que VIRADA Liderado pode ser de utilidade para persoas con responsabilidades de dirección e coordinación de equipos, nalgunha ocasión a conversación chegou a este punto:
- “Vén a VIRADA Liderado. Sinceramente, creo que che virá ben a ti e á túa organización…
- Pero que dis! Non tes nin idea de como estou! Non temos pasta, os salarios conxelados desde fai xa que non me acordo, a xente a lume de biqueira de curro… (Silencio)
Por riba andamos con mal rollo porque din que facemos cantidade de cousas fatal. E ademais, cada vez pídenme máis cousas da administración… Estou que parezo a Santa Compaña! (Silencio)
E disme que me vaia a un balneario a facer cousas de frikis?
- Como mo pos! Vexo que estás, estades, en non morrer no intento, ocupándovos de sobrevivir… Non é o momento, tranqui. Así, mellor que non. Bracea e non te afogues!
Cando o teu e o da túa organización sexa vivir, e vivir mellor facendo o bo, por que non? Por certo, cousas de friki? A estas alturas? Veña!”
VIRADA Liderado é unha proposta de aprendizaxe, entendido este como o desenvolvemento de capacidades que as persoas con responsabilidades de dirección ou xestión de equipos atesouran e que poden despregar en plenitude para alcanzar os obxectivos que como directivas e coordinadoras procuren.
Entendemos o aprender como a capacidade de conseguir superar limitacións, de alcanzar novos obxectivos. Non é para nós un asunto de erudición, de manexo de cousas que están á última e que se din é inglés porque parecen máis sofisticadas… Aprender en VIRADA Liderado é ser capaz de facer as cousas mellor, ou facer cousas de forma distinta para lograr outros resultados. Ten que ver con facer, con ser.
Xa nos ensinou Mr. Wonderful, ese gran gurú do management, que empeñarse en facer o mesmo para lograr resultados diferentes é unha ilusión. Aprender é poder facer de maneira efectiva, e isto non se reduce a adquirir novos coñecementos intelectuais. É incorporar novos faceres (vaia palabro).
As persoas directivas sitúanse na realidade das súas organizacións desde unha maneira propia de ver, de sentir, de comportarse. Desde aí fanse cargo das cousas que se fan no seu ámbito de influencia, das persoas que aí traballan e cuxas accións coordinan. Cada cal ten e desprega unha maneira propia de entender o liderado, ancorada na forma propia de ver a vida.
Merece a pena o reconsiderar dunha maneira profunda esa maneira de ver o mundo, merece a pena revisar os modelos mentais desde os que se exerce a función directiva? En VIRADA sabemos que si. Vivímolo. Vímolo.
VIRADA Liderado propón un itinerario de transformación persoal que comeza e finaliza nunha mesma como persoa. Para iso é necesario “tomar as augas”, mergullarse, centrarse… mollarse, en definitiva. VIRADA Liderado é o tipo de proceso que require tempo, dedicación, centrarse e ocuparse da propia evolución. Ningún sitio mellor que un balneario…
Se podes, porque sentes que é o momento de ocuparte, e queres contar con coachs que te acompañen, e compañeiros e compañeiras doutras organizacións que comparten o teu mesmo propósito, estás no teu momento. VIRADA Liderado é un lugar.
Iso si, os milagres din que suceden en Lourdes. En Arnoia podemos certificar en cada edición os resultados do esforzo e determinación de cada participante por ser as mellores directivas e coordinadoras de equipos que a súa organización poida ter. Vímolo e verémolo nesta IV Edición do 2020. Apúntaste?
Pica aquí para saber máis, ou contacta comigo no 687879414. Falamos?
Partimos para “VIRAR” o 07 e 08 de febreiro de 2020 en Arnoia Caldaria. Até o 24 de xaneiro de 2020 está aberto o prazo de inscrición.
David Pereiro
Socio Consultor en Algalia. Responsable do Programa VIRADA Liderado