O pasado 21 de xuño, o asesor económico en Algalia para a Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña (APEM) asistiu á súa Asemblea Xeral para presentar as contas anuais da entidade. Na devandita sesión, detalláronse ingresos e gastos, activos e pasivos, dunha forma moi clara e comprensible para os presentes, que deu como resultado a súa aprobación e depósito.

As asociacións declaradas de utilidade pública gozan dunha serie de beneficios directos inherentes a esa declaración, como aforros en impostos, así como de indirectos para os seus doantes, como a dedución no imposto sobre a renda e sobre sociedades). A cambio, as administracións esíxenlles un plus de transparencia.

Cabe destacar, nesa xustificación, o depósito das contas anuais de cada exercicio fiscal no Rexistro de Asociacións con data límite do 30 de xuño do ano seguinte, unha vez aprobadas pola súa Asemblea Xeral.

A Asociación Apem, creada en 1980, é unha asociación cidadá, sen ánimo de lucro, que integra a persoas con enfermidade mental, familiares e profesionais da saúde mental que ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental.

Voltar