Algalia decidiu entrar, na súa última Asemblea, como socia dentro do Grupo Cooperativo Cajamar. Despois dun período no que a experiencia como cliente foi moi satisfactoria, a entidade deu o paso de involucrase máis e adquirir a condición de socia cunha achega de 20.000 €. Forma parte así dos 1,6 millóns de socios do Grupo Cooperativo Cajamar, quen afirma que “o socio non é un investidor en sentido estrito senón un promotor social, que coa súa achega contribúe ao desenvolvemento da nosa actividade nunha contorna ética, socialmente responsable e orientado cara á acción social”.

Algalia potencia así unha política de provedores con empresas da economía social, como forma de desenvolvemento do sector e de aliñamento cos nosos principios e valores.

Voltar