A Escola de Liderado e Emprendemento da Fundación EDE puxo en marcha o 19 de maio o Programa de Liderazgo 2023, no que Algalia estará presente como parte do equipo facilitador. O contido está dirixido a aquelas persoas que desexen adquirir competencias para o desenvolvemento de persoas, equipos e organizacións.

Trátase dun completo programa onde se integran diferentes actividades que faciliten e garantan unha óptima aprendizaxe, como:

  • Proceso de coaching individual (plan de mellora do liderado persoal)
  • Talleres intensivos en liderado
  • Sesións de liderado (pílulas formativas)
  • Proxecto de mellora organizacional

David Pereiro, Responsable do Programa Virada, formará parte, os próximos meses do equipo facilitador deste Programa, formado ademais por Ander Mimenza, Itziar Garay e Natalia Jiménez.

Voltar