Algalia incorporáse como socio á AECAlgalia incorpórase como socio á AEC (Asociación Española para a Calidade) entidade privada sen ánimo de lucro, fundada en 1961 e recoñecida a nivel nacional, cuxa finalidade é fomentar e apoiar a competitividade das empresas e organizacións españolas, promovendo a cultura de calidade e desenvolvemento sostible.

Esta organización colabora de xeito permanente con organismos públicos e privados na difusión da calidade, a xestión sostible e a responsabilidade social empresarial destacando a colaboración co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio no desenvolvemento de Programas de Formación en Calidade e a colaboración na organización do Premio Príncipe Felipe á Calidade Industrial.

Co fin de axudar ás empresas españolas, e fundamentalmente ás PYMEs, a mellorar a súa posición no mercado global, a AEC fomenta a divulgación das mellores prácticas a través dos seus 21 Comités e da organización dunha media de 21 xornadas e congresos ao ano.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar