Algalia S. Coop Galega e Santiago Míguez apostan polo desenvolvemento dunha liña de servizos xurídicos especializados para a economía social

O longo destes 20 anos de prestación de servizos de asesoría e consultoría para as entidades que conforman a chamada economía social, tiñamos detectado as necesidades xurídicas que nos demandaban os nosos clientes. A formula escollida foi a colaborar con distintos avogados en función da área de práctica na que estaban especializados. Esta situación nos permitiu manter unha relación estreita e de longo prazo con algúns avogados colaboradores.

O incremento da lexislación de aplicación, a velocidade  dos cambios lexislativos destes últimos anos e a complexidade das situacións a abordar derivado en moitos casos do proceso de crecemento  que experimentaron tanto os nosos clientes como o sector en xeral nos fixo reformular  a nosa estratexia de cara a poder ofrecer:

“un servizo xurídico cun enfoque integral e baseado en solucións efectivas ante as esixencias normativas ordinarias ou extraordinarias, con e desde o coñecemento detallado do sector de economía social e orientación a facilitar decisións estratéxicas ou tácticas do cliente. “

Para poder desenvolver e dimensionar esta liña de servizo, nace Algalia Legal SL, que é o froito da unión de Algalia S. Coop. Galega e Santiago Miguez, socio fundador de Abogados CM, acumulando unha experiencia de vinte anos no asesoramento xurídico a entidades do terceiro sector.

Os servizos prestados dende esta nova sociedade, que se integrará dentro do Grupo Algalia, reforzará o Área de Asesoría, xa que dimensionará os servizos legais e ademais complementará e dotará dunha visión mais integral as liñas de asesoramento económico e laboral actuais. Tamén reforzará o Área de Consultaría derivado dos requirimentos legais que teñen numerosos proxectos de consultaría tanto de estratexia, como de recursos humanos, procesos ou consultaría económica.

Damos por tanto a benvida a esta nova aventura empresarial, que nos permite refrescar o noso proxecto empresarial e que estamos convencidos que de igual forma que naceu de forma moi natural, crecerá e se consolidará de forma natural en base o traballo en equipo, a honestidade, o compromiso co sector da economía social,……

Celso Gándara Carnero
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar