Que é “X Solidaria“?

É a X que axuda ás persoas máis vulnerables. Poderás marcala cando fagas a declaración da renda. Esta casa denomínase “Actividades de Interese Social”.

Preferimos chamala X Solidaria, porque o seu nome parécenos moi frío, sobre todo cando se trata de axudar aos demais.

Por que marcar a “X”?

  • Porque ao marcala feixes que se destine un 0,7 % dos teus impostos a programas que realizan a ONG.
  • Porque se benefician as persoas en situación de vulnerabilidade; sen ningún custo económico para ti.
  • Porque NON marcala é tomar unha actitude pasiva, e deixar que sexa o Estado quen decida o destino desa parte dos teus impostos.
  • Porque marcándoa convérteche nunha persoa contribuínte, activa e solidaria.
  • Porque si xa marcas a casa da Igrexa marcando as dúas poderás axudar o dobre. 0,7 % + 0,7 % = 1,4 % do IRPF

Quen organizan a campaña?

A campaña “X Solidaria” está coordinada pola Plataforma de ONG de Acción Social e conta co apoio da Plataforma do Terceiro Sector, a Plataforma do Voluntariado de España, a Rede Europa da Pobreza e a loita contra a Exclusión Social no Estado Español, o Comité Español de Representantes de persoas con Discapacidade, a Plataforma de Organizacións de Infancia e a Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento.

Quero máis información sobre a campaña?

Si quero afondar nas preguntas máis frecuentes

Si quero saber que empresas ou organizacións non lucrativas sumáronse

Si queres coñecer algúns proxectos onde se inviste os fondos

Como apoiará Algalia S. Coop. Galega esta campaña?

No desenvolvemento dos nosos principios cooperativos, de carácter universal e transformación social asumimos como propios os obxectivos desta campaña e comprometémonos coa difusión da mesma que se concreta en dúas accións:

  1.  a difusión no noso boletín
  2. trasladar a todas as persoas que realizan a declaración da renda connosco a información para que poidan tomar unha decisión consciente.

Celso Gándara
Xerente de Algalia S. Coop. Galega

Voltar