
Algalia como membro da AEC (Asociación Española da Calidade) foi convidada a participar no grupo de traballo de “Servizos de atención ás persoas con dependencia”.
A misión deste grupo é:
Ser un foro de profesionais para o intercambio de experiencias, promoción e información sobre a Calidade nas organizacións que fomentan a autonomía persoal e atención integral ás persoas en situación de dependencia e aumentar a satisfacción dos clientes e doutros grupos de interese, impulsando a Mellora Continua e a Excelencia.
Os obxectivos que persegue o grupo son:
- Reunir profesionais e organizacións relacionadas coa promoción da autonomía persoal e atención integral a persoas en situación de dependencia, para o intercambio de información, iniciativas e experiencias relativas á implantación de sistemas de xestión da calidade.
- Promover políticas de calidade e de boas prácticas nas organizacións do sector.
- Establecer contactos e actuacións entre as organizacións públicas e privadas para a mellora continua.
- Analizar a aplicabilidade no sector das innovacións que se produzan en sistemas, modelos e ferramentas da Xestión da Calidade.
Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector