Desde fai aproximadamente 2 anos, algalia participa activamente no ICONG, a través da súa presenza no CDTI.

O CDTI (Comité de Desenvolvemento Técnico e Innovación) é o órgano de Instituto para a Calidade da ONG  que ten como un dos seus obxectivos “facilitar ás partes interesadas do Instituto a súa participación nos procesos de elaboración”

O funcionamento do CDTI baséase na creación de grupos de traballo, coa participación de expertos externos, que desenvolven cada un dos eixos propostos desde a xunta directiva de ICONG, e elaboran documentos en forma de propostas, opinións, instrucións técnicas e recomendacións de ICONG cara ao sector.

Para este ano, desde o CDTI propuxémonos, como unha das nosas accións, abordar as competencias emocionais para desenvolver o liderado emerxente que o sector necesita. Como inicio do noso  plan de traballo, imos organizar taller (que denominamos “O que o medo levou”).

Pretende ser unha experiencia piloto de aprendizaxe na que os participantes poidan identificar emocións e competencias emocionais coas que poder afrontar e xestionar os seus medos á hora de exercer o liderado nas súas organizacións.

Como experiencia piloto que é, o taller servirá ademais, previa avaliación dos resultados do mesmo, para avanzar metodoloxicamente en fórmulas de capacitación de xestión de competencias emocionais para os líderes das organizacións do Terceiro Sector.

Miguel Barbosa
Socio Responsable de Consultoría de Algalia S. Coop. Galega

Voltar