O pasado 30 de setembro, o responsable de persoal e asesor laboral de Algalia, Rafael Carrasco, asistiu, xunto á compañeira do Servizo Laboral, Isaura Vilas, á homenaxe dedicada a Antonio Fuentetaja Cervelo, director-xerente de Fademga-Plena Inclusión Galicia, por motivo da súa xubilación.

O hotel Os Abetos foi o escenario escollido para o recoñecemento, ante os seus compañeiros, amigos e familiares, á súa dedicación e traballo en favor dos colectivos de persoas con discapacidade integrados na federación.

Ao evento asistiron tamén varios representantes do panorama político galego, entre eles a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, o portavoz socialista en Raxoi, Gonzalo Muíños, ou a directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, quen destacou o esforzo de Antonio Fuentetaja por “dar visibilidade e concienciar ao conxunto dá sociedade sobre a necesidade de seguir avanzando na integración destas persoas en todos vos ámbitos”.

Todo o equipo de Algalia súmase  a este recoñecemento da traxectoria persoal e profesional de Antonio Fuentetaja tras 28 anos de colaboración.

 

Voltar