Algalia participa en O impulso das redes da intercooperación no ámbito cooperativo

A semana pasada tiven a oportunidade de se convidado a participar na mesa redonda, co título O impulso das Redes de Intercooperación no ámbito cooperativo, organizada dende o proxecto ICOOPERA PARA IMPULSO DA I+D+I E DAS  TIC NAS COOPERATIVAS GALEGAS.

Se nos solicitaba que dende Algalia, poideramos contar a nosa experiencia en temas de intercooperación e como viamos dende a nosa práctica a importancia das alianzas entre organizacións. Para elo decidín partir de tres experiencias e desde elas teorizar respondendo a unha serie de preguntas. A continuación vos transcribo as miñas anotacións, por se a alguén lle poden axudar.
As tres experiencias nas que baseo a miña reflexión son:

  1. Alianza con LKS no desenvolvemento da liña de servizos de estratexia, en base a metodoloxía de Osterwalder.
  2. Alianza con Fundación EDE, no desenvolvemento da liña de servizos de fortalecemento de equipos e coaching de equipos.
  3. Alianza con Santiago Míguez, avogado, co que estamos a desenvolver a liña de servizos legais dentro do negocio de asesoría de Algalia

Para abordara a nosa experiencia paréceme adecuado partir dunha serie de preguntas, que me permitan asentar os puntos que o meu xuízo foron e están sendo determinantes na nosa historia.

Por que?

As entidades de economía social somos empresas que desenvolvemos un modelo de negocio.

O modelo de negocio define unha proposta de valor que se lle quere facer chegar a uns segmentos de clientes.

Para desenvolver a proposta de valor as empresas contamos cunha serie de actividades clave, recursos clave e Alianzas  O impulso da intercooperación nos ten que permitir desenvolver a nosa proposta de valor, sen necesidade de abórdalo internamente a través de actividades clave ou recursos clave.

A intercooperación nos pode axudar a relacionarnos mellor cos nosos clientes ou a mellorar nos canles de distribución ou comunicación.

Cada vez faise mais difícil ser excelente en todas e cada una dos módulos que definen un negocio, polo cal a importancia de contar con aliados que fortalezcan o noso negocio.

Para que?

As cooperativas se poden asociar por múltiples motivos. Se crean alianzas para optimizar os seus modelos de negocio, reducir riscos ou adquirir recursos.

Con quen?

Intercooperaremos con aquelas empresas que nos permitan optimizar os noso modelos de negocio, reducir riscos ou adquirir recursos

A partir de aí se abre un espazo de posibilidade, onde unha vez asegurada a contribución da alianza, precisamos facelo cunha organización e persoas coas que compartamos cultura e valores. Preferentemente o sector da economía social, é un espazo onde poderemos ter mais posibilidade de atopar isto.

Cando?

Precisamos dispor de certa claridade dos puntos débiles do noso modelo de negocio, dos riscos que existen ou dos recursos que queremos adquirir. A ferramenta idónea que nos vai a dar esa claridade, é a planificación. A planificación estratéxica e a planificación operativa, nos poden permitir ter identificados e priorizados de forma coherente co noso modelo de negocio os obxectivos a acadar a través das alianzas.

A miña experiencia me di que moitas causas de fracaso son derivadas dunha incorrecta identificación ou priorización destes obxectivos.

As alianzas poden levar un tempo de fortalecemento, polo que é preciso anticipar os obxectivos que se perseguen, para así non acelerar os procesos de alianza, por razóns de urxencia.

Asumamos a perda. Teño percibido en moitos casos un apego excesivo o propio e vivir a cesión da marca, o emprego de medios que non son da nosa propiedade, a aceptación de certa dependencia … como elementos que impiden abordar estes procesos.

Os elementos emocionais sempre están presente aínda que non de forma explícita, e temos unha grande oportunidade para abordalos.

Como?

Precisamos:

  • Tempo para coñecerse
  • Existe unha dobre dimensión: Alianza entre organizacións e alianza entre persoas. Necesidade de coidar as dúas.
  • Ter experiencias compartidas, que xeren unha evolución natural dos acontecementos.
  • Grado de formalidade.

Podemos falar de catro tipo de asociacións:

  1. Alianzas estratéxicas entre empresas non competidoras
  2. Coopetición: Asociacións estratéxicas entre empresas competidoras.
  3. Empresas conxuntas para crear novos negocios.
  4. Relacións cliente-proveedor para garantir a fiabilidade das subministracións tanto de produto como de servizos.

Canto?

Dende a nosa experiencia o custe da intercooperación radica en ter capacidade para investir na alianza. Esta inversión pode ser en diñeiro, en tempo ou en outro tipo de recursos.

Precisamos ter unha certa folgura. Creo que moitos proxectos fallan porque non existe unha certa folgura dalgún recurso para poder facer efectiva esa alianza. Ou se quedan en alianzas puntuais ou pouco significativas.

Como conclusión, algúns aprendizaxes:

1. Ter moi claro o para qué da intercooperación, e como encaixa dentro do modelo de negocio da empresa. O final isto determinará o grado de importancia e prioridade da mesma.

Tamén é moi relevante o para que da outra organización.

2. Experimentar as relacións de intercooperación, xerando espazos con diferentes grados de compromiso. A paciencia, a fidelidade a perseveranza claves no mantemento da relación.

Abramos a margarita a colaboracións auxiliares mantendo a centralidade do obxectivo.

3. A intercooperación se establece entre entidades e tamén nos relacionamos entre persoas. As relacións persoais xenuínas nos parecen básicas para a xeración de relacións de confianza.

4. Con humildade honremos as achegas que recibimos. Teñamos respecto a outra entidade, recoñezamos a súa contribución. Sexamos xenerosos. Manteñamos relacións equilibradas entre o dar e tomar.

5. O diñeiro en moitos casos non é o mais relevante. Hai moitos elementos, actividades que resultan difíciles de acadar con diñeiro.

6. Nos nosos principios está a intercooperación, pero o seu desenvolvemento non xurde por herdanza xenética da nosa forma xurídica.

E para rematar…..

Escribe Elsa Punset que os cinco linguaxes do amor son:

  1. As palabras
  2. Tempos de calidade
  3. Regalos
  4. Actos de servizo
  5. Contacto físico

Para as alianzas creo que tamén podemos aprender algo dos linguaxes do amor.

Celso Gándara Carnero
Xerente de Algalia S. Coop. Galega

Voltar