Neste mes acometimos reformas na oficina de Algalia sita na rúa Verderol coa fin de mellorar as condicións de temperatura e de redución do ruído propio xerado como consecuencia das conversacións telefónicas derivadas da nosa labor. As seguintes intervencións perseguen un aumento da confortabilidade do noso persoal:

  • Colocación de tarima flotante, coa finalidade de aillar a humedade. Ó mesmo tempo mellorouse significativamente a imaxe da oficina.
  • Creación dun novo despacho de reunións para realización de chamadas telefónicas e reunións presenciais que reducen a xeración de ruído.
  • Colocación de pranchas absorbentes de ruído no teito, eliminando a reverberación do son e, por tanto, reducindo o impacto das conversacións.
  • Optimización da ventilación da oficina para unha mellor rexeneración do aire.
  • Reubicación das mesas no espazo común, creando unha illa de seis postos.

Todas estas actuacións esperamos que repercutan nunha mellora do benestar xeral das persoas e no desenvolvemento das súas funcións, e que por tanto incidan directamente no servicio prestado aos nosos clientes.

Voltar