Algalia inicia a súa reflexión estratéxica 2013-2015, facilitada por LKS

Para algalia este ano 2013 é moi trascendente, xa que é ano de reflexión estratéxica. Isto non quere dicir que o resto de anos non o sexan, pero dende a perspectiva de 18 anos de dedicación o terceiro sector e tres plans estratéxicos cabe recoñecer que os procesos de reflexión estratéxica supuxeron puntos de inflexión moi importantes no desenvolvemento da nosa cooperativa.

Para este IV plan estratéxico contamos coa colaboración de LKS, empresa cooperativa, pertencente o Grupo Mondragón, que de seguro nos facilitará na labor de adaptarnos as novas demandas e retos do terceiro sector, nestes convulsos momentos, e a afondar no noso proxecto socio-empresarial como cooperativa.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar