Jorge Rodríguez Malingre, Socio responsable do Área Económica de Algalia, foi admitido na comisión de contabilidade de entidades sen ánimo de lucro da Asociación Española de Contabilidad e Administración de Empresas (AECA).
Para Algalia, isto supón un recoñecemento á súa traxectoria de máis de 15 anos prestando servizos que contribúen a mellorar a xestión económica da entidades non lucrativas, especialmente nestes momentos nos que se está a elaborar o Plan Xeral de Contabilidade Adaptado a Entidades sen ánimo de lucro.
A comisión busca promover o coñecemento sobre a contabilidad das entidades sen ánimo de lucro como elemento clave para un mellor coñecemento, administración e control destas. De forma específica recóllense entre outros os seguintes obxectivos:
- Realizar aquelas investigacións e estudos conducentes a un mellor coñecemento destas entidades: características, finalidades, diferentes formas legais de asociación, etc., ao obxecto de poder precisar as súas notas sustantivas diferenciadoras doutras entidades.
- Investigar as demandas dinámicas de información voluntaria e desenvolver orientacións e procedementos de rendición de contas que permitan manter e incrementar a lexitimación das entidades non lucrativas no seu contorno social.
- Elaborar aqueles documentos que contribúan a establecer e complementar un marco normativo no ámbito contable, que permita acadar unha fiabilidade suficiente da información contable e financeira destas entidades, atendendo ás súas diferentes particularidades. Así mesmo, elaborar pronunciamientos que lles sirvan de orientación noutros ámbitos da contabilidade, ademais do financeiro, así como noutras materias propias da administración de empresas.
- Realizar un seguimiento das modificacións lexislativas, fundamentalmente en materia de leis sustantivas que afecten a estas entidades, especialmente, naqueles aspectos de maior transcendencia contable.
- Designar a persoa ou persoas para que, en nome de AECA, asistan ás reunións nas que se debatan temas directamente relacionados coas entidades sen fins lucrativos e ás que AECA sexa convidada a participar ou asistir.
- Realizar investigación básica e aplicada sobre contabilidade de entidades sen fins lucrativos.
- Participar en foros internacionais de prestixio no ámbito da contabilidade.
- Contribuír ao desenvolvemento da contabilidad de xestión en relación coas entidades sen fins de lucrativos.
- Así mesmo, contribuír ao desenvolvemento doutras materias da administración de empresas en relación coas entidades sen fins lucrativos.
Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector