O pasado 3 de febreiro, os responsables en Algalia dos servizos económicos desprazáronse a Aspanaes Coruña para celebrar unha sesión de traballo conxunta coa súa Dirección e Departamento de Administración.

O obxectivo do encontro foi traballar sobre a súa contabilidade xeral, para revisar o seu peche e poder entregar os datos finais á empresa que realiza a súa auditoría de contas, previamente á súa aprobación en asemblea e depósito no Rexistro de Asociacións da Coruña, xa que Aspanaes está declarada de utilidade pública. Con posterioridade a este traballo, e antes de finais de marzo, tamén conxuntamente entre Aspanaes e Algalia, elaboraranse as contas anuais para finalizar todo este proceso.

Aspanaes é unha Entidade Non lucrativa de Acción Social cuxo fin é, desde fai máis de catro décadas, crear oportunidades para mellorar a calidade de vida das persoas con Autismo e ás súas familias, facilitándolles unha rede de apoio e de confianza mutua. É a primeira Entidade galega Acreditada pola Fundación Lealdade, con contas auditadas por auditoría externa e todos os seus servizos contan con Certificado de Calidade, segundo a Norma- ISO 9001:2015 e nos Servizos de Atención Diúrna e Residencial, baixo a norma UNE 158101:2015 e UNE 158201:2015.

Voltar