Algalia cumpre 20 anos

O 31 de xaneiro de 1995 é a data en da alta de IAE, dunha sociedade, que nacía baixo o nome de Algalia, tratábase dun paso máis no camiño de 7 mozos, que aspiraban a través dun proxecto de autoemprego a canalizar as súas inquietudes, valores e forma de ver o mundo.

O 31 de xaneiro de 2015, é a data na que cumprimos 20 anos. Algalia é un grupo, con base cooperativa, conformámola 23 persoas, algúns mozos e outros xa homes e mulleres. Aspiramos a un ser un espazo de aprendizaxe, dende o cal canalizar inquietudes, valores e forma de ver o mundo.

Queremos darvos as grazas, por todo o que nos destes.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar