Algalia dá un novo paso na súa transformación dixital coa implantación de Odoo, unha plataforma de xestión integrada que lle permitirá conectar nunha mesma contorna procesos como contabilidade, facturación, xestión de proxectos, relación con clientes e xestión de persoas.
Para a implantación contan coa entidade Som IT Cooperatiu, unha cooperativa catalá especializada en solucións dixitais e mellora de procesos para cooperativas e entidades da economía social. Compartir valores e unha forma de entender a tecnoloxía e a cooperación foi un elemento importante nesta elección.
A implantación será gradual: dará comezo en xaneiro de 2027 co portal de cliente, contabilidade e facturación, e continuará un ano despois, en xaneiro de 2028, con xestión de proxectos, CRM e xestión de persoas.
Un proxecto transversal que axudará a Algalia a seguir evolucionando como organización e a prepararse para os retos dos próximos anos. Porque a transformación dixital non consiste só en incorporar tecnoloxía. Tamén consiste en repensar como traballamos para facelo mellor.
Romina Dios, responsable de Control de Negocio de Algalia, explica así o significado deste avance nesta entrevista.