Os avances técnicos e legais dos últimos anos -en España xa dende o final dos 90- permiten que o uso do ordenador, ferramenta básica no traballo das persoas e organizacións poidan asinar ou enviar documentos con garantías máximas de autenticidade e integridade. É dicir, coas firmas e certificacións dixitais, os usuarios poden garantir que son eles os que envían ou asinan algo e qque aquilo que envían non foi modificadoposteriormente por ningún terceiro.

A vía de mellora nas ONL pasa porque os responsables legais das mesmas accedan a estas certificacións dixitais persoais e poidan asinar documentos en nome das organizacións que representan.

Isto, posiblemente, supoña un investimento en formación no uso das certificacións e da propia tecnoloxía.

As evidencias do uso destas ferramentas informáticas son claves porque, cada día que pasa, máis administracións e departamentos das mesmas se adhiren a elas: facturación electrónica á Xunta de Galicia –con obxectivos públicos de redución de prazos de pagamento dos contratos-; acceso á Axencia Tributaria, á Facenda autonómica e á Seguridade Social para solicitar telematicamente certificados de estar ao corrente; asinar documentos sen necesidade de  desprazarse e con idéntico valor legal, etc.

O futuro pasa por aquí. Gañarase en eficiencia e os directivos poderán empregar o seu tempo voluntario con maior eficacia.

Angel Rodríguez
Socio Consultor de Algalia Servizos  para o Terceiro Sector

 

Voltar