O 25 de setembro ábrese o prazo de inscrición para incorporarse á VII Edición de Equipos VIRADA, e á VIII Edición de Virada Liderazgo, en 2024.
O programa VIRADA consolidouse como a proposta de formación de calidade para entidades de economía social e do terceiro sector que queiran desenvolver un liderado positivo e mellorar o rendemento das súas persoas e equipos.
Lembramos as características de cada especialidade VIRADA para coñecer polo miúdo cal é a máis adecuada para ti ou o teu equipo.
A finalidade de VIRADA LIDERAZGO é axudar ás persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades actuais ou futuras, a adquirir habilidades estratéxicas, interpersoais e persoais que lles permitan desenvolver un liderado máis eficaz.
Na VIII Edición, ALGALIA contará, un ano máis, como en Virada Equipos, coa colaboración da Fundación EDE, e a achega de Caldaria Arnoia e da Cidade da Cultura de Galicia para o desenvolvemento das actividades.
A participación só está aberta a 25 persoas e o prazo de inscrición remata o 16 de febreiro de 2024.
Consulta toda a información detallada AQUÍ.
VIRADA EQUIPOS nace co obxectivo de que os equipos naturais de organizacións e empresas de economía social desenvolvan habilidades de liderado compartido e desenvolvan un rendemento máis eficaz.
Están abertos a equipos directivos dunha entidade, equipos técnicos, equipos de proxectos, equipos de centros ou servizos, un consello de administración dunha asociación, o padroado dunha fundación, un consello de goberno dunha cooperativa, un equipo de innovación dunha organización. . , etc…
Lembra inscribir o teu equipo antes do 16 de febreiro de 2024 contactando co responsable do programa, David Pereiro, no correo [email protected] ou no teléfono 687 87 94 14.
Podes consultar toda a información detallada AQUÍ.