VIRADA é unha proposta de desenvolvemento organizativo de Algalia que pon o foco no factor máis determinante e valioso das organizacións: as persoas. Neste momento, o programa articulase en dúas propostas principais:

  • O desenvolvemento do liderado directivo de persoas, VIRADA Liderado.
  • O desenvolvemento da efectividade de equipos de traballo, VIRADA Equipos.

En marzo deu comezo a travesía de VIRADA Equipos. 19 persoas de 3 entidades distintas vencelladas ao terceiro sector de acción social, lanzáronse a navegar co acompañamento das coachs de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA. Todas elas participaron en encontros presenciais en Caldaria Arnoia, xornadas de formación na Cidade de Cultura de Galicia e sesións de coaching nos centros de traballo de cada un dos equipos naturais participantes.

O grupo de VIRADA Equipos 2022 nesta V Edición estivo formado por:

Nesta ocasión participou o Equipo de Coordinación do Centro de Crecente, composto por 6 persoas. É o terceiro equipo da entidade que participa no programa, dando relevo ao Equipo de Coordinación do Centro de Mos e o Equipo de Dirección da entidade.

Participou o seu equipo técnico: 5 persoas nos Outdoor e Obradoiros, e 4 máis nas sesiones de coaching. A responsable do grupo xa participara en edicións anteriores de VIRADA Liderado e invitou ao equipo técnico a desenvolver as súas competencias en VIRADA Equipos.

As 4 personas do recentemente constituído Equipo de Dirección deron os seus primeiros pasos nas súas funcións e responsabilidade co acompañamento de VIRADA Equipos. Para Saúde Mental FEAFES Galicia, esta é a primeira experiencia VIRADA.

Para algún dos equipos queda aínda traballo por facer, necesario para procesar todo o vivido na travesía, e consolidar as viradas emprendidas. O seu itinerario chegará ao seu fin antes de que acabe o ano.

A todos agradecemos o seu paso por VIRADA e … a seguir virando!.

Voltar