O pasado 8 de abril publicouse a nova Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular, na que se abordan numerosos aspectos relativos ao control, a reducción e o emprego na economía dos residuos xerados pola nosa sociedade.

Moitos deles teñen que ver coa recollida separada de numerosos residuos diferentes aos actuais, e indican que, no caso da recollida de residuos téxtiles e voluminosos, as administracións públicas reservarán un 50 % dos contratos para as entidades de economía social autorizadas para a xestión dos residuos.

Existen un par de medidas que afectan exclusivamente ás entidades sen fins lucrativas acollidas ao réxime fiscal especial da Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativas e dos incentivos fiscais ao mecenado.

Concretamente, modifícase a lei de IVA para excluir do imposto os autoconsumos de determinados bens e doazóns de bens realizadas en favor desas entidades.

Na práctica, esta medida, que podería pasar desapercibida, aportaría estas dúas posibilidades:

  1. Nas doazóns de bens (entregas sen contraprestación de ningún tipo por parte da receptora dos bens), o doante non deberá aplicar IVA na operación, o que lle permite unha menor carga fiscal na doazón.
  2. En determinados casos de autoconsumo como, por exemplo, aqueles bens adquiridos para a venta e que, por alteracións do seu valor, non se porán á venda, destinándose a autoconsumo, a base imponible será cero.

En definitiva, estas medidas simplifican para estas entidades a xestión das doazóns de bens.

Coma sempre, dende Algalia poñémonos á súa disposición para ampliar calquera dúbida ou cuestión sobre este tema.

Voltar