Escoitamos
“No sei onde está a información que me solicitas”.
“Cústanos moito a xestión dos plans individuais e programas de apoio”.
”Pásome o día entre papeis e apenas teño tempo de estar coas persoas usuarias”.
”O informe que me pides no sei canto tempo me levará”.
“Isto da calidade é so facer papeis para a certificación”.
Propoñemos
Acompañámosvos para axudarvos a ser mais eficaz e eficientes na xestión dos vosos procesos. Ofrecemos unha visión práctica para axustar o voso sistema de calidade e achegamos ferramentas tecnolóxicas específicas que optimicen os vosos procesos.
- Buscaremos nas nosas propostas de actuación a coherencia coa estratexia.
- Escoitaremos os vosos coñecementos, emocións, xuízos e crenzas que residen nas persoas e equipos. E, desde o máximo respecto, seremos facilitadores de cambio.
- Partimos dos referentes habituais no sector para desenvolver unha mellor organización, como son ISO ou EFQM.
- Incorporamos solucións informáticas, como forma de mellorar os procesos nas organizacións.
Acordamos
- Implantación e mantemento de sistemas de calidade.
- Mellora de procesos.
- Aplicación informática Ontimize+Integra para centros de dependencia.