Convocante
Instituto Galego de Promoción EconómicaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización mediante prácticas en empresas ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo á súa disposición profesionais con formación especializada, subvención para a súa contratación e titorización do xestor durante o período de contratación subvencionable.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que sexan sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial , que cumpran a definición de peme , incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.
- Que teñan o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo.
- Que teñan, na data de publicación destas bases no DOG e ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia distinto da contratación obxecto desta axuda.
- Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise.