Convocante

Deputación Provincial de Ourense

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

A finalidade deste Programa é a contribución ao sostemento económico dos servizos de competencia municipal e da Entidade Local Menor de Berán posibilitando o complemento dos recursos humanos necesarios co dito fin, tanto a través das figuras contractuais propias da lexislación laboral como a través de contratos administrativos ou nomeamentos de persoal funcionario interino, de ser o caso, mediante a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento dos ditos contratos ou nomeamentos.

Beneficiarios

Poderán obter subvención no marco do programa regulado nas presentes bases os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e a entidade local menor de Berán, cando contraten persoal en réxime de dereito laboral, efectúen nomeamentos de persoal funcionario interino ou subscriban contratos administrativos, típicos ou especiais, con persoas físicas suxeitas ao réxime de autónomos, para a realización de actividades da súa competencia durante o exercicio 2018.

Voltar