Convocante
Deputación de LugoPublicación
Diario Oficial de Lugo
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2017, de programas e actividades culturais que beneficien a colectivos no eido da cultura, así como para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades.
Beneficiarios
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo.
- Segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, Rexistro público de fundación ou calquera outro rexistro público.
- Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social.
- Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
- Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos no eido da cultura.
- Desenvolver actividades e/ou programas que complementen a programación de animación cultural realizada pola Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.
- Non percibir, durante este exercicio económico, ningunha subvención municipal das previstas nominativamente no orzamento xeral de 2017.