Convocante
Concello de OurensePublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
É obxecto desta convocatoria, regular a concesión de subvencións para programas, actividades culturais e festivas concretas, definidas nas bases reguladoras, que se desenvolvan dentro do termo municipal entre o 1 de decembro de 2016 e o 30 de novembro de 2017.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas subvencións:
- No caso da liña A, proxectos e actividades culturais, asasociacións de carácter cultural sen fin de lucro inscritas no Rexistro de Entidades Cidadás do Concello de Ourense e as fundacións de carácter cultural.
- No caso da liña B, festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro, as asociacións de veciños e comisións de festas legalmente constituídas.