Xestionando relaciónsSon tempos convulsos para a captación de fondos nas entidades non lucrativas (ENL). Nunca foi fácil, pero os últimos tempos devolvéronnos un panorama no que a escaseza de fondos e a necesidade de cubrir multitude de causas fai que os equipos técnicos das organizacións teñan que capacitarse e entregarse á nobre causa de seducir doantes.

Se falamos de seducir é porque o enfocamos desde o paradigma de que non é posible captar fondos sen abandonar o enfoque de “xestión de recursos” para abrazar o enfoque da “xestión de relación”. Agora é máis necesario que nunca centrarnos en transmitir o que facemos con seguridade, paixón e creatividade para chegar a esas persoas, que sen dúbida, están a desexar colaborar connosco na solución de todos os problemas que nos rodean.

Parémonos a pensar que cando falamos de sustentabilidade das organizacións, habitualmente só nos fixamos en se cadran os números. Con isto convertemos os proxectos nunha serie de actividades, perfectas probablemente, pero con cada vez menos base social e menor impacto transformador da contorna. Se na nosa organización xestionamos con paradigma antigo temos o problema de que creamos proxectos sen arraigamento e con menos futuro e iso, para a captación de fondos, é un claro problema: se o que temos que “vender” non ten demanda e non ten futuro, é moi complicado “colocalo no mercado”.

Unha boa estratexia de captación de fondos vía doantes individuais leva unha fonte de financiamento estable, predicible, lexitimadora, e provenos, ademais, de base social. Pero non todo son vantaxes, tamén existen inconvenientes que debemos coñecer para valorar se estamos ou non preparadas para empezar. Por exemplo, require unha xestión complexa e son rendibles pero no longo prazo.

Neste traballo de acompañar a organizacións a captar fondos atopámonos con casos de éxito e soados fracasos, de todos aprendemos e tentamos extraer algunhas claves que agora estamos en condicións de compartir. Máis aló das técnicas que nos axudarán a contarnos mellor, a xerar un proxecto de captación de socios ou a liderar con éxito unha campaña de crowdfunding, queremos empezar por enmarcar o tema e transmitir que a captación de fondos vía doantes particulares pasa por revisar e axustar as nosas organizacións.

É necesario que nos preparemos para abrir as portas, para comprender o enfoque de investimento a longo prazo, para abandonar as canles de información tradicionais e abrir moitas canles de comunicación e escoita, para liderar un proceso de apertura de base social, para coñecer a contorna e deixarnos contaxiar por el, para xerar aprendizaxe que nos axude cando as cousas funcionen e cando as cousas non funcionen tan ben, etc.

Por todo isto animámosvos a acompañarnos en leste curso de captación e xestión de fondos entidades sen fin de lucrono que desde a experiencia e practicando, devolveremos claves e ferramentas para definir, lanzar, xestionar e avaliar unha estratexia de captación de fondos.

Falaremos de que motiva a unha persoa a colaborar (preocupación, deber,  experiencias persoais, responder a unha demanda dun achegado, autoestima…), como concentrarnos nas persoas máis adecuadas e como xerar unha proposta de valor atractiva, cales son as canles máis adecuadas para chegar aos doantes en cada caso, que estratexias e ferramentas utilizar en cada unha das fases do ciclo dun doante, que diferenza hai entre unha campaña de socios, de donativos, de crowdfunding, etc.

Tamén trataremos o tema de como hai que preparar á organización para este tipo de captación, que áreas ou persoas están implicadas, que recursos son necesarios, cales son os límites legais, como debemos xestionar cada proxecto, a que hai que prestar especial coidado, etc. E practicaremos e tentaremos resolver todas as dúbidas que nos xurdan..

Se tes pensado iniciar, reforzar ou expor na túa entidade un plan de captación de fondos, ou se te queres formar para ser fundraiser e ter claro por onde empezar este é o teu curso!

Esperámosvos!

Arancha Cejudo
Colaboradora en captación de fondos de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

 

Voltar