Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas destinadas a clubs deportivos sen ánimo de lucro, para apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial e autonómico convocadas por organismos oficiais ou por federacións galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra.
Beneficiarios
Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que cumpran cos seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputació
- A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra
- Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte