O reto de dirixir equipos

Algunhas persoas nas nosas organizacións temos o reto polo posto que desempeñamos de dirixir equipos de persoas, xa sexan equipos técnicos, directivos, multidisciplinares, etc…

Dirixir equipos, non é un tarefa sinxela, e aínda que non existen formulas máxicas que nos asegure unha boa dirección, é relevante que para propiciar un cambio no funcionamento do equipo, ter en consideración algúns aspectos craves que nos poden facilitar ese cambio.

  1. Teremos que crear unha actitude favorable no equipo. Normalmente tendemos a etiquetar os equipos, “motivados”, “pouco implicados”, e un longo etc….. Hai un dito que di “Os comportamentos que encontras son un reflexo da túa actitude”. Se queremos compromiso, sexamos os primeiros en comprometernos.
  2. Teremos que facer que outros consigan obxectivos. Os resultados non os consegue un mesmo, conségueos o noso equipo. De forma que teremos que conseguir resultados a través das persoas, o que quere dicir que teremos que coñecer como facemos as persoas para conseguir resultados, de que depende a nosa motivación, implicación e actitude.
  3. Teremos que tomar decisións difíciles. É parte do noso traballo e está incluído dentro das funcións do posto. Se non estamos dispostos a facelo, estaremos a poñer en perigo o equipo ao completo. A responsabilidade é respons-habilidade ou HABILIDADE para RESPONDER.
  4. Teremos que orientarnos á acción. De nada serve ser reflexivo, se non nos poñemos mans á obra. A reflexión é necesaria, pero posiblemente valórennos pola nosa capacidade para asumir e lograr obxectivos.
  5. Teremos que lidar coa complexidade, co disenso (e non co consenso). A medida que o mundo avanza, todo acontece máis rápido e faise máis complexo. Mentres que antes a complexidade e os procesos de cambio eran puntuais, agora son a constante. Polo tanto, é necesario que esteamos nun permanente cambio e saír constantemente da nosa zona de confort.
  6. Teremos que autorregularnos e ter un grande autocontrol. É posible que nalgunhas ocasións encontremos soidade, desánimo e ademais non ter ningún ombro sobre o que chorar, isto fai que a capacidade para autorregularnos ten que ser maior. Aínda que hai que evitar a coñecida “soidade do líder”, se é certo que o noso rol nos pode facer ser percibido de forma diferente e temos que ser consciente disto.
  7. Teremos que orientarnos ao desenvolvemento. De nada serve que no noso equipo as persoas fagan o que lles dicimos, se en realidade non teñen a autonomía, nin posibilidades de desenvolvemento. O equipo é máis potente que a suma das partes, os equipos que actúan con autonomía, responsabilidade e creatividade, son aqueles orientados ao desenvolvemento.
  8. Teremos que cambiar a mirada. Podemos mirar aos demais dende a capacidade ou dende a incapacidade, se os miramos dende a capacidade encontraremos bo seguro, persoas capaces a noso arredor. Aprendamos a valorar, a mirar o que funciona, o que mellor sae e teremos máis diso. Se nos fixamos moito na mediocridade, rodearémonos dela.
  9. Teremos que aprender a lidar coas dinámicas do grupo. Coñecer os grupos, as súas fases, roles, disfuncións, saber como facer para que as persoas traballen xuntas de forma óptima. É moi sinxelo levar a cabo un único proxecto, pero cando estamos a traballar anos xuntos, aparecen dinámicas ocultas nos equipos, conflitos que en moitos casos destrúen unha gran cantidade de enerxía.
  10. Teremos que ter paciencia. Dirixir é unha carreira de fondo, de nada nos serve querer ir moi á présa, actuemos de forma estratéxica e avancemos paso a paso. Como dicía Shackleton, non perdas de vista a última meta, pero concéntrate en obxectivos a curto prazo”. Aquí a perseveranza é a clave, ánimo, podémolo conseguir!

Miguel A. Barbosa
Socio Responsable da área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar