Convocante
Concello de CangasPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas subvencións teñen por finalidade apoiar e promover o benestar social da cidadanía do Concello de Cangas a través de acción ou actividades de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadá, dentro do ámbito de intervención da Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade e que se realicen durante o ano 2016.
Poderán ser obxecto de subvención as actividades enmarcadas en cada una das seguintes áreas de intervención:
- Proxectos de atención a diversidade funcional.
- Proxectos de atención a familia e menores.
- Proxectos de atención a toxicomanía.
- Proxectos de prevención de situación de violencia de xénero.
- Proxectos dirixidos á promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
- Proxectos de atención a inmigración e a minorías étnicas.
- Proxectos de prevención da exclusión social ou de promoción da inclusión social.
- Proxectos de atención a persoas maiores.
- Proxectos de prevención e promoción da saúde física, psíquica e social.
Beneficiarios
Poderán acceder a estas subvencións as asociación e colectivos legalmente constituidos, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Cangas.