Cando un traballador supera os 545 días de baixa por IT, xorden dúbidas nas empresas: procede comunicar a súa baixa na Seguridade Social e entregar a liquidación?

Se antes da pandemia o número de baixas que chegaban ao prazo máximo de 545 días en I.T. era infrecuente, tras a pandemia os casos multiplicáronse e están á orde día.

A situación de baixa por Incapacidade Temporal ten unha duración máxima de 365 días, prorrogables ata 545 días cando se prevexa que o traballador pode ser dado de alta por curación. Unha vez alcanzado ese límite, a IT extínguese, aínda que o afectado continúe nunha situación médica pendente de resolución.

A partir dos 365 días de baixa, extínguese o dereito ao subsidio de IT e a inspección médica do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) pasa a ser competente para que, nun prazo máximo inicial de 90 días, con posibilidade de demora sen pasar 730 días, avalíe a situación do traballador a efectos de determinar se emite a súa alta médica ou ben se cualifica a súa situación como incapacidade permanente (IP)

Durante ese período de 90 días:

  • Prolónganse os efectos económicos da IT, percibindo o traballador a prestación directamente do INSS ou da mutua ata que se dite resolución.
  • Transcorridos os 545 días, a empresa xa non deberá cotizar.

O contrato non se extingue, suspéndese.

Desde o punto de vista laboral, cando se alcanzan os 545 días de IT o contrato queda suspendido. Nestes casos, o traballador estará na situación de prolongación de efectos económicos da IT ata que se notifique a resolución favorable ou non, da Incapacidade permanente. A afectado conserva o dereito á reserva do seu posto de traballo.

A empresa cursa a súa baixa na Seguridade Social (clave 65. Baixa por esgotamento de IT) pero esta baixa non supón por tanto a extinción do contrato de traballo, senón unicamente a suspensión da relación laboral mentres o INSS resolve se procede a alta médica ou o recoñecemento dunha incapacidade permanente.

Liquidación provisional

Nestes supostos a empresa debe entregar ao traballador a liquidación ou liquidación provisional, liquidando a parte proporcional dos días transcorridos ese mes (ata o cumprimento dos 545 días), así como as pagas extras devindicadas ata ese día (no caso de que non estean prorrateadas). As vacacións anuais non deben incluírse na liquidación xa que no caso de que o traballador reciba a alta e reincorpórese, terá dereito a desfrutar as vacacións pendentes, mesmo aínda que finalizase o ano natural.

Marta Armada. Responsable do Servizo Laboral de Algalia

Voltar