Nuns días remata o prazo de inscripción para participar na IX edición do programa VIRADA Liderado e a VII edición de VIRADA Equipos. En ambos, a mirada sistémica ten presenza, e a experiencia de todos estes anos de programa corrobora que pode ser unha mirada transformadora para a organización, os equipos e as persoas que os lideran.

Que é un sistema e en que consiste a mirada sistémica?

Unha organización, un equipo, unha familia, un país… son sistemas. Un sistema é unha globalidade con subsistemas interrelacionados entre si, no que o seu comportamiento global persegue algún obxectivo.

A mirada sistémica supón desenvolver a capacidade de contemplar o todo e as partes, así como a conexión e relación entre as mesmas. É a capacidade de ver unha organización, unha familia, calquera sistema, como un todo, e non como a suma das partes que a compoñen.

Que requiren os sistemas organizacionais do liderado e como podes responder a eles?

Jan Jacob Stam e Barbara Hoogenboom, dous referentes e especialistas holandeses en achegarse ás organizacións dende un punto de vista sistémico, no seu libro “Liderado sistémico”, publicado no ano 2018, trasládannos que un equipo, un departamento ou un sistema organizacional, entre otras cuestións, necesitan dun liderado no que:

  • Todas as persoas integrantes teñan un lugar e sintan que pertenen o suficiente para poder facer ben o seu traballo.
  • Estea claro o propósito do equipo no seu conxunto, o para qué do mesmo.
  • O talento de cada persoa integrante poida prosperar.
  • Todo o que o equipo produce poida lograr algo no mundo exterior, poida chegar a un destino.
  • As e os rebeldes sexan escoitadas porque aportan información importante sobre o sistema no seu conxunto.
  • Haxa unha orde que proporcione suficiente protección, seguridade, claridade e orientación.
  • Estea claro o que facemos e o que non facemos dentro do equipo e haxa suficiente conexión, fluir, inspiración e enerxía dentro do mesmo.
  • Haxa vontade de investigar primeiro para que son os problemas (“para que solución vén este problema”, que información está aportando ao sistema), antes de buscar solucións ou tratar os seus síntomas.
  • As orixes e a historia das organizacións sexan recoñecidas, incluíndo os traumas e acontecementos (en lugar de tratar de esquecer os acontecementos inquedantes)
  • Asuma un profundo compromiso cos procesos de transformación da organización, que requiren ao liderado unha enorme flexibilidade e elasticidade.

Un líderazgo sistémico, dunha persoa, dun equipo, ten que ter a capacidade de observación e escoita profunda do sistema, das lealdades, dos seus “patróns”, as forzas que dirixen ás súas compañeiras e compañeiros, á súa organización e a si mesma, sen xulgar, recoñecendo que “a realidade é o que é” e non os nosos soños, desexos e expectativas, non querendo esconder unha situación porque é demasiado dolorosa. E poñéndose ao servizo do sistema mentres pertenece ao mesmo e este segue evolucionando.

Se che resoan estas cuestións e sentes curiosidade por achegarte, entre outras moitas temáticas, á mirada e liderado sistémico na túa organización xunto a persoas doutras organizacións, o programa VIRADA é unha oportunidade que proporciona espazos teóricos (obradoiros formativos, proxecto de impacto organizacional) e vivenciais (encontros outdoor e sesións de coaching persoal) para elo.

Lembra que, neste momento, VIRADA se articula como programa en dúas iniciativas principais:

  • O desenvolvemento do liderado directivo de personas, VIRADA Liderado.
  • O desenvolvemento da efectividade de equipos de traballo, VIRADA Equipos.

Consulta as características de cada un deles e inscríbete antes do 14 de febreiro de 2025!

Begoña Suárez, coach de VIRADA

Voltar