Tres entidades da economía social galega, en concreto do terceiro sector de acción social, uníronse o pasado 3 de marzo á sexta edición de VIRADA Equipos, a proposta de ALGALIA y EDE FUNDAZIOA para o fortalecemento de equipos de entidades de economía social.
VIRADA Equipos focalízase no acompañamento ás persoas e o propio equipo, como unha realidade distinta dos seus membros. É unha invitación para que o grupo, nesta edición conformada por 28 persoas, reflexione, xere un pensamento crítico, e estimule diferentes puntos de vista que lle dea máis posibilidades no seu crecemento.
O programa vertébrase ao redor dos seguintes eixos:
- Aplicación da Metodoloxía Belbin de roles de equipo.
- Encontros presenciais outdoor.
- Obradoiros de contidos sobre liderado.
- Coaching de equipo.
As entidades que participarán nesta edición de Virada Equipos son: