Este mércoles, 1 de marzo, comezou, na súa sétima edición, o programa VIRADA Liderado, coa participación de doce entidades da economía social galega.

En concreto, nas próximas semanas, catorce persoas vinculadas ao cooperativismo e ao terceiro sector de acción social confían na proposta de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA, para desenvolver e fomentar o liderado en entidades de economía social.

O propósito de VIRADA Liderado  é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.

As actividades principais que estruturan ao programa e que se desenvolverán nos próximos meses son:

  • Encontros presenciais outdoor.
  • Obradoiros de contido sobre liderado.
  • Coaching persoal.
  • Proxecto de Impacto Organizacional.

A continuación, presentámosvos ás entidades participantes desta edición:

 

Hoxe mesmo ponse en marcha tamén VIRADA Equipos 2023, atentos ao noso Blog!

Voltar