O 1 de xaneiro de 2023, co aumento dos tipos de cotización, entra en vigor o Mecanismo Interxeracional de Patrimonio das Pensións (MEI), que substituirá ao derrogado Factor de Sostibilidade, e que foi acordado polo Goberno e os Sindicatos (UGT e CCOO) co descolgue da patronal.

Este primeiro compoñente do MEI establecerá, o longo de 10 anos, unha cotización adicional do 0,6% da que o 0,5% será aportado pola empresa e o 0,1% polo traballador.

O tipo de cotización por continxencias comúns fixarase no 28,90%, desglosados nun 24,10% pola empresa e no 4,80% polo traballador.

A modo de exemplo: para unha base de cotización (contía xeral bruta + pagas extraordinarias p.p.) de 1.800 euros, co incremento do 0,6% teríamos unha cota de 9 euros máis a cargo da empresa e de 1,8 euros a cargo do traballador.

Aínda que a entrada en vigor está prevista para o 1 de xaneiro de 2023, e aquelas nóminas que se computan a partir desta data deberán incorporar esta cotización, a Tesourería Xeral da S.S. non conta con ter adaptada a súa aplicación informática e, con toda probabilidade, isto suporá unha carga de traballo adicional para os profesionais de asesorías e os departamentos de RRHH.

Voltar