Hai anos que as entidades de economía social impulsan procesos organizativos de fortalecemento e transformación.
Nestes momentos, organizacións de todo o mundo e de diferente tipoloxía, están a adoptar un novo paradigma que lles permite renovar a súa cultura organizativa para enfrontar os retos e desafíos económicos, sociais e medioambientais.
O paradigma Teal baséase no desenvolvemento de tres principios:
- O coidado do propósito evolutivo das organizacións.
- O desenvolvemento de equipos auto xestionados.
- A arela de plenitude persoal e organizacional.
O noso comportamento organizacional está supeditado a diferentes niveis de consciencia. O paradigma Teal é unha invitación para facer visibles estes estados de consciencia.
O propósito da Comunidade para a promoción do paradigma Teal (VIRADA Comunidade TEAL) é promover o desenvolvemento deste paradigma nas entidades de economía social de Galicia.
Máis información
- Baixa toda a información sobre o programa: Dossier do Programa Comunidade TEAL.
Inscrición
- Neste momento non hai aberto un periodo de inscrición