Convocante
Consellería de Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por obxecto a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, no ámbito da Comunidade Autónoma e durante un período de doce (12) meses, facilitándolles ás persoas traballadoras en situación de desemprego os recursos e as ferramentas que melloren a súa empregabilidade, as activen laboralmente e lles proporcionen competencias transversais que incrementen as súas posibilidades de inserción laboral. Todas as persoas participantes nestes programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:
- Os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este.
- Entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.