Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas para a organización de festivais ou certames musicais e teatrais de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra, que dediquen unha especial atención á programación e á difusión da música e do teatro galegos, ademais doutras variantes artísticas, e que se levasen a cabo como mínimo en tres edicións consecutivas nos últimos catro anos.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións as asociacións que reúnan os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro
- Desenvolver a actividade principal no ámbito territorial da provincia de Pontevedra
- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
- Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
- Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda estatal, coa Facenda autonómica e coa Deputación de Pontevedra