Tres entidades da economía social galega, en concreto do terceiro sector de acción social, únense este venres, 11 de marzo, á quinta edición de VIRADA Equipos, a proposta de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA para o fortalecemento de equipos de entidades de economía social.

VIRADA Equipos focalízase no acompañamento ás persoas e ó propio equipo, como unha realidade distinta dos seus membros. É unha invitación para que o grupo reflexione, xere un pensamento crítico, e estimule diferentes puntos de vista que lle dea máis posibilidades no seu crecemento.

O programa vertébrase ao redor dos seguintes eixos:

  • Aplicación da Metodoloxía Belbin de roles de equipo.
  • Encontros presenciais outdoor.
  • Obradoiros de contido sobre liderado.
  • Coaching de equipo.

As entidades que participarán nesta edición de Virada Equipos son:

  • FEAFES. A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, creada en 1995, que agrupa actualmente a 12 asociacións repartidas por toda a xeografía galega.
  • FEGEREC, entidade ubicada na Coruña, ten como misión contribuír ao coñecemento das enfermidades raras, a súa prevención, tratamento e coidado das persoas que as padecen na comunidade galega, velando porque
    se respecten os seus dereitos.
  • EVD Galicia, institución que desde Mos e Crecente promove a dignidade de mulleres con discapacidade intelectual, facilitándolles apoios individualizados de calidade.

 

Dende Algalia agradecemos a vosa confianza, e quedamos a disposición de calquera interesado para ampliar información sobre o Programa Virada no teléfono 986 379 587 ou no enderezo electrónico [email protected].

Navegamos!

Voltar